'Rojo estándar' anima las calles de Cangas
Foro moitas as persoas que onte se achegaron ás Naves de Ojea para poder ver “Rojo estándar”, da compañía Lanördika, un espectáculo para todos os públicos, de 360º, creado para rúa e sala. Desde o movemento como forza centrífuga e constante durante todo o espectáculo, dous seres opostos atópanse nunha escena bañada polo surrealismo, onde o que se presenta como estándar deixa de selo. As cores marcan o seu ritmo, a súa forma do vivo, e o amor, guiado polo circo e a danza, é peza clave durante todo o espectáculo.
Lanördika circo e danza é unha compañía afincada en Andalucía (Granada-Sevilla), formada por Darío Dumont e Greta García, que deciden apostar pola súa propia líña de traballo, por medio da fusión de disciplinas e a linguaxe contemporánea.
'Rojo estándar' recibiu o Premio Fetén 2018 ao Mellor Espectáculo de Rúa e o Premio Lorca de Teatro Andaluz 2018 ao Mellor Espectáculo de Rúa.