María Mazás: Homenaxe á artista e á súa obra

Foi unha tarde onde se mesturou arte e sentimentos. O sábado, durante case tres horas, o salón de actos do Auditorio de Cangas acolleu a xornada 'Mulleres nas artes vivas e visuais' adicada á artista María Mazás, protagonista da exposición que se pode ver no Auditorio desde o 15 de xuño.

Para falar da súa obra, estiveron varias personalidades que coñeceron en vida a María Mazás e que estudiaron a súa obra. Por unha parte, Asunción Bernárdez Rodal, profesora titular na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e directora do Instituto de Investigacións Feministas da UCM. Bernárdez Rodal falou sobre 'A arte das mulleres. Arte fora do canon?'

Francisco X. Fernández Naval, narrador e poeta, foi o outro experto que quixo falar da obra de María Mazás. Fernández Naval fixo unha análise das 'Crebas na derradeira obra de María Mazás'. As crebas son  unas esculturas feitas con materiais que o mar desbota e deixa tirados nos areais das praias e entre as rochas. Mazás adicábase a recollelos e construír fermosas esculturas con materiais de refugallo que están cheas de beleza e significado.

 

'Aprendendo con María Mazás' foi o título da intervención que fixo Moncho Amigo. Con obra escultórica instalada en boa parte da xeografía galega e internacional, entre as obras de Amigo destacan o seu Diapasón en Ferrol, as Extramundi en Vigo, o Queimacasas en Balarés e a xa emblemática Caracola en A Coruña, punto máis occidental de España que conecta con Isla Mujeres, punto máis oriental de México, onde ten instalada a súa escultura Calidoscopio que recibe o primeiro raio de sol do amencer. A obra de Amigo está publicada en revistas de arte e arquitectura de toda Europa.

Pechou a xornada unha Performance musical, teatral e visual en homenaxe a María Mazás que tivo como protagonistas a Silda Alfaro, actriz; Pepa Barreiro, actriz; María Costas, cantante e actriz; Raimund Dix, saxofonista; Nani Miras,  artista visual; Florence Ronfort, violoncellista; e Sonia Rúa, actriz.

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.