Foro Galicia e Valle-Inclán, é un proxecto de interese integrador, xurdido do empeño pola democratización da investigación e do coñecemento en col da biografía, a xenialidade e a obra literaria do escritor máis internacional de Galicia: Ramón María del Valle-Inclán. Ten a súa sede oficial no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Presentación dun novo número do boletín FORO GALICIA E VALLE-INCLÁN, publicación de Estudos sobre Ramón del Valle-Inclán, dedica un monográfico a la figura de la actriz Josefina Blanco, sendo responsable da tradución ao galego Rocío Viéitez Ferro. Unha actividade que contará coa presenza do profesor e investigador Joaquín del Valle-Inclán Alsina. Josefina Blanco foi unha actriz que ocupou un lugar destacado na escena teatral española de finais do XIX e comezos do XX. É que o nome de Josefina Blanco -como a doutras moitas mulleres na Historia- quedou difuminado polo éxito do quen foi o seu marido, Ramón María del Valle-Inclán. Foi fundamental para que a obra de Valle-Inclán chegara ata os nosos días. Unha muller avanzada e pioneira. Foi a primeira muller en divorciarse en España nada máis aprobarse a lei no ano 1932 e contando como avogada a Clara Campoamor Josefina Blanco volvería a esa vida teatral tras o seu divorcio, pero o seu regreso viuse truncado polo estalido da Guerra Civil.