Las reglas del juego é unha conversación-performance en plano secuencia entre a escritora e activista, Brigitte Vasallo, e a artista, filmmaker e investigadora, María Ruido, sobre desclasamento, violencia institucional e performatividade de clase.
Esta peza foi comisionada por Es Baluard (Museu d´art contemporani de Palma) e deu lugar a unha exposición individual do mesmo título entre marzo e agosto de 2022.
Las reglas del juego afonda nas dificultades, conflitos e contradiccións de clase e de xénero que se producen no mundo laboral do ámbito artístico e cultural e cómo, desde unha perspectiva personal e íntima, inténtase darlles resposta.
Esta conversa parte da idea de que o desclasamento non é só gozar doutras condicións económicas e sociais, o desclasamento é, ademáis, asumir certa normatividade que amputa a posibilidade de movemento interno, que cega e cancela algo que che pertence. O xesto e as linguxes deben corresponderse con esa nova performatividade, plenamente política, que fala do lugar que debes ocupar.