Charlatán Rodríguez
- 
    
    
Xoves, 26 Xuño, 20:00Praza da Constitución
- 
    
    
Venres, 27 Xuño, 20:00Adro do Hío
- 
    
    
Sábado, 28 Xuño, 20:00Adro de Coiro
- 
    CompañíaRendos Pequeno
- 
    ProcedenciaGaliza
- 
    DirecciónFran Rei
- 
    AutoríaFelix Rodríguez e Fran Rei
- 
    PúblicoFamiliar
- 
    Presentación2025
- 
    Duración50'
Rendos Pequeno é o novo proxecto teatral do cómico e músico Félix Rodríguez. Formado nos conservatorios de Lalín e Vigo e con diversos obradoiros de teatro cómico e de rúa no seu currículo, desenvolve a súa carreira profesional desde o ano 2007 en compañías como Odaiko, Trío Detrés, Píscore e Culturactiva Producións. Mesturar música e humor é o sinal de identidade das creacións deste artista multidisciplinar e cos seus espectáculos, como Molto Barroco, Saaabor! ou Desconcerto, xirou polos teatros e prazas de todo o país contando sempre co favor do público. Agora, tras máis de quince anos de traxectoria, embárcase neste proxecto unipersoal para seguir dando a nota.
Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males. Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar. Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura nesta súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos. Non se deixen confundir: moinantes hai a moreas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez.
- Elenco: Félix Rodríguez
- Dirección: Fran Rei
- Creación: Félix Rodríguez e Fran Rei
- Escenografía, vestiario e atrezzo: Rendos Pequeno
- Produción: Rendos Pequeno e Culturactiva S. Coop. Galega
 
