Skip to main content

Conversas a partir do Mestre: Manolo Lourenzo

Charla Coloquio
  • Mércores, 01 Xullo, 19:30
    O Adro Taberna Cultural
  • Compañía

    Butaca Zero
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Público Adulto
  • Duración

    60'

Con motivo da próxima estrea da MONTAXE-HOMENAXE de A velada de Londres, de Manuel Lourenzo, por parte da compañía ButacaZero, esta organizará diversas xornadas de pensamento, nas que compartir reflexións a partir do seu legado, tanto no campo da literatura dramática -sendo o primeiro Premio Nacional da nosaterra- como no da práctica, docencia e teoría teatral. E non só, pois, como é ben sabido, é un dos mellores e máis respectados actores do noso audiovisual.


A primeiradestasxornadasterá lugar no marco incomparable da MITCFC, e nela pretendemos provocar pensamento, apuntar lembranzas sobre a súa figura, recordar a súahumanidade, práctica e técnica a partir de profesionais da zona que traballaron con el.

Interveñen:

  • MARIÁN BAÑOBRE: Actriz e Directora. Foi alumna de Manolo Lourenzo no Estudio Casahamlet e debutou con él no ano 1999 como actriz profesional.
  • MÓNICA CAMAÑO: Actriz. Foi alumna de Manolo Lourenzo e traballou como actriz en varias montaxes dirixidas por el.
  • ANTÓN LAMAPEREIRA: Profesor. Director de Teatro Amador. Cofundador con Manolo Lourenzo da Escola Dramática Galega.
  • XABIER CASTIÑEIRAS: Director e Profesor na ESAD de Galicia.
  • Modera CRISTINA DOMINGUEZ: Directora e Profesora na ESAD de Galicia. Foi axudante de dirección de Manolo Lourenzo en varias montaxes.

FaLang translation system by Faboba