Skip to main content

Crunch 2!

  • Sábado, 27 Xuño, 20:00
    Alameda Vella de Cangas
  • Compañía

    Muu
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Público Familiar
  • Presentación

    2023
  • Duración

    55'

A compañía Muu nace da colaboración entre Assircópatas e Circo Chosco. O resultado é a simbiose entre a sorprendente forma de ver o mundo, o humor, a vida e os conflitos de Assircópatas coa técnica acróbata e clown de Óscar Páez, de Circo Chosco. Xuntos presentan espectáculos frescos e divertidos que farán rir a persoas de todas as idades.


Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda floxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes.

  • Elenco: Oscar Páez, Dani Blanco
  • Dirección: Natalia Outeiro "Pajarito"
  • Escenografía: Dani Keller
  • Vestiario: La Mapache
  • Música: José Díaz
  • Luces: Beatriz Rubio


FaLang translation system by Faboba