Skip to main content

FEGATEA na MITCFC

Microteatro na rúa
  • Sábado, 20 Xuño, 20:00
    Alameda Vella de Cangas
  • Compañía

    Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA)
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Todos
  • Duración

    90'

A Federación Galega de Teatro Afeccionado, fundada en 2000, conta actualmente con máis de 60 grupos afeccionados de toda Galicia.


A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), naceu no ano 2000 na Casa da Cultura de Noia, coa aprobación dos estatutos por maioría. Sobre o documento asinado, destacan obxectivos tan importantes como son a loita pola normalización cultural e lingüística, a promoción e intercambio de experiencias entre os grupos e o debate colectivo. Na actualidade está formada por máis de 60 grupos e é membro organizador do festival internacional PLATTA, xunto con PLATEA Alto Minho e FETACyL (Castela e León).
Nesta nova edición da MITCFC contaremos con tres grupos, históricos algúns, outros de recente formación. Asistiremos á representación de tres pezas curtas que se deslizan entre o costumismo social e o teatro contemporáneo.

O Trasno Teatro con Daquelas conversas.
Teatro das Aras con Un apartamento con vistas.
Teatro Escoitade con Barullo.


FaLang translation system by Faboba