Hoy tengo algo que hacer
-
Sábado, 04 Xullo, 22:15Auditorio Municipal
-
Compañía
Teatro del Barrio -
Procedencia
Madrid -
Público
Público Adulto -
Presentación
2024 -
Duración
75'
Teatro del Barrio (Premio Nacional de Teatro 2024) nace como sala en Madrid en 2013; naquel momento movíanos unha fame de realidade e a intuición de que as artes escénicas eran a linguaxe máis elocuente para interpretar as tensións do presente, os desafíos dun pasado pendente de revisar, e a irredenta crenza de que imaxinar futuros é estalos construíndo. No noso propósito está o de recoller o talento madrileño na nosa sala e poñelo en común con artistas procedentes de outros territorios nacionais e latinoamericanos; e está tamén o de impulsar a creación con temáticas que consideramos valiosas e equipos artísticos con voces que queremos acompañar.
Con Hoy tengo algo que hacer [Hoxe teño algo que facer] dispómonos a presentar as peripecias dun heroe moderno que, seguindo as canles da gran tradición picaresca, parte do fogar co propósito de comprender que é isto de ter unha ocupación, un algo que facer que sustenta e organiza calquera existencia.
- Autoría e dirección: Pablo Rosal
- Elenco: Luis Bermejo
- Deseño de escenografía e vestiario: Mónica Boromello
- Deseño de iluminación: Raúl Baena e Eduardo Vizuete
- Produción artística: Ana Belén Santiago
- Produción executiva: Lucía Rico
- Dirección técnica: Tony Sánchez
- Distribución: Caterina Producciones
- Comunicación: Paloma Fidalgo
- Fotografía: Laura Ortega
- Cartel: Jacobo Gavira
- Unha produción de Teatro del Barrio


