Nesta 41 edición, imos poñer o foco na inclusión real das persoas con diversidade funcional na nosa sociedade. Levamos anos colaborando con diversos colectivos que amosan o seu traballo teatral no marco da Mostra mais, agora, queremos avanzar con determinación para que esa necesaria inclusión sexa urxente e real. E o teatro semella ser de excelente axuda.
SALÓN DE PLENOS CONCELLO. 11:30H – 13:00H
OBRADOIRO-CHARLA: HELLEN KELER, A MULLER MARABILLA. Problemas, retos e ferramentas para facer unha obra inclusiva e accesible.
Imparten: ÁNGELA IBÁÑEZ, PATRICIA DE LORENZO E CHUSA PÉREZ
Por algunha ou varias razóns, Chévere estreou este ano, “Helen Keller, a muller marabilla?”, unha obra feita para ser inclusiva e accesible. Nin nós mesmas sabiamos o significado real destes dous cualificativos. Nós, como parte dese mundo “sen discapacidade”, pensamos que con estar sensibilizadas co tema, xa abondaba. E comprobamos que non. Foi unha labazada gustosa decatarnos de que non sabiamos case nada.
Este obradoiro ten como obxectivo compartir como foi a experiencia de facer unha obra accesible para persoas con discapacidade auditiva, visual e xordocegueira e dar as claves necesarias para facer unhas Artes Escénicas que poidan interesar a un público diverso. Un obxectivo que, para se cumprir, precisa de implicación e compromiso desde os ámbitos da creación, a produción, a exhibición e as políticas culturais
PRAZA DO COSTAL. 19:00H
LA BLANCA NIEVES de Furafollas Teatro.
Actuación teatral do grupo de teatro amador da Asociación Doa Saúde Mental/ CRPL Cangas.
SALA EXPOSICIÓNS AUDITORIO. 20:00H.
SELVA do Colectivo LUZAZUL.
Actuación escénica de LUZAZUL, laboratorio de investigación co teatro como ferramenta e no que participan persoas con diversidade física e intelectual.
SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.
TEATRO E INCLUSIÓN. ENCONTRO.
PARTICIPAN:
FRAN REI REGUEIRO de ARTEFEITO. SCOOP. GALEGA
Nos últimos oito anos ven desenvolvendo un traballo constante de integración social a través do teatro con colectivos de persoas con discapacidade como, CON ELES, Andaina PSM (Dodro) o AVANTE (Val do Dubra), cos que realiza talleres de artes escénicas e montaxes teatrais.
MARCOS SÁNCHEZ ARMESTO
Graduado en Pedagoxía Teatral pola UDC. Aplica a pedagoxía teatral como ferramenta para desenvolver habilidades emocionais e sociais con persoas vulnerábeis ou en risco de exclusión social.
SÓCRATES PÉREZ DE LA CAMPA de DOA SAÚDE MENTAL/CRPL CANGAS
Furafollas é unha compañía de teatro afeccionado no eido da saúde mental que utiliza o teatro como instrumento de ocio e como xeito terapéutico para contribuír á loita contra o estigma.
MAITE CAMPOS, ALBERTO CASQUEIRO, PILAR BERNARDEZ e YAGO PINTOS de LUZAZUL LUZAZUL, laboratorio de investigación que, dende a expresión, utiliza a ferramenta do teatro co obxectivo de sacar á luz os seus potenciais, caulidades, pensamentos, desexos, emocións para contribuír a coñecernos e a que nos recoñezan.