Skip to main content

La Loca Historia del Siglo de Oro

Estrea en Galicia
  • Venres, 26 Xuño, 22:00
    Auditorio Municipal
  • Compañía

    La Escalera de Tijera & Z Teatro
  • Procedencia

    Extremadura
  • Público

    Público Adulto
  • Presentación

    2024
  • Duración

    75'

O que caracteriza a La Escalera de Tijera e a Z TEATRO é a capacidade de xuntar diferentes disciplinas artísticas como son o teatro, o traballo de corpo e o circo. As súas propostas baséanse na procura da calidade escénica, a través do compromiso e o coidado nos seus procesos de creación. Realizando unha revisión fresca e dinámica dos conceptos clásicos do teatro fusionados co clown, comedia da arte e outras formas de expresión artística. En denitiva, preséntannos obras clásicas contadas de forma directa, visual e cómica. O humor como fío condutor, a simboloxía dos obxectos, a creatividade na posta en escena, a música en directo e a iluminación son elementos esenciais na xeración de espazos e situacións, fai que as súas montaxes sexan próximos e accesibles á vez que achegan valores e diferentes formas de ver o mundo.


O retrato dunha España chea de luces e sombras, reis, pintores, dramaturgos, clero, pícaros e cómicos envolven La Loca Historia del Siglo de Oro e retratan os acontecementos acaecidos durante este século, narrando as andanzas, aventuras e desventuras dunha sociedade guiada polos designios de Deus e dos Reis. La loca Historia del Siglo de Oro debuxa a Historia de España durante eses case dous séculos, nunha viaxe onde uns cómicos preséntannos diferentes personaxes e historias, os instintos dos homes no seu afán de poder, de riqueza ou de ascender na escala social, tocando temas aínda de actualidade como as guerras, o ostracismo da muller ou como sobrevivir dentro dunha sociedade dominada pola ambición persoal.

  • Elenco: Lola Sánchez, Dani Jaén, Roberto Calle e Cristina Zarandieta
  • Dirección e dramaturxia: Javier Uriarte
  • Deseño de iluminación: Gustavo González
  • Composición musical: Balta Cano
  • Deseño e realización de vestiario: Eloísa Serrano
  • Deseño e realización de escenografía: Antonio Ollero
  • Deseño e realización de atrezo: Roberto Calle
  • Fotografía: Rocío Gallardo
  • Vídeo: Bokeh Estudio
  • Deseño gráfico: Isaac Gutiérrez


FaLang translation system by Faboba