Mais Saaabor!
-
Mércores, 01 Xullo, 20:00Cruceiro do Hío
-
Xoves, 02 Xullo, 20:00Alameda Vella de Cangas
-
Compañía
Culturactiva Producións -
Procedencia
Galiza -
Público
Público Familiar -
Presentación
2023 -
Duración
60'
Culturactiva Producións somos unha compañía e produtora que fai realidade as necesidades reais dos programadores e programadoras, froito do noso coñecemento do sector como distribuidora. Con pezas comoAs Alumnas, Nada se Sabe, Vía Morta ou Máis Saaabor!, temos unha produción teatral constante con espectáculos adaptados a todo tipo de espazos e requerimentos, a datas sinaladas e sempre creamos pensando no público ao que nos diriximos. O humor e a versatilidade son as nosas señas de identidade.
Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez coproducen e presentan o espectáculo Máis Saaabor!, unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable.Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Máis Saaabor! é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo! Tras o éxito de Saaabor!, estreada en marzo de 2017, Félix Rodríguez e Fran Rei convértense de novo en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para toda a familia. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade entre o público galego. O food truck de Máis Saaabor! chega a vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.
- Elenco do espectáculo: Fran Rei, Félix Rodríguez
- Dirección: Avelino González
- Escenografía: Kukas
- Vestiario: Bety Busto
- Música: Félix Rodríguez
- Produción: Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez


