Skip to main content

O arcón de Noa

  • Mércores, 24 Xuño, 19:30
    Sala Exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía

    Amarelo Cía
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Público Familiar
  • Presentación

    2025
  • Duración

    40'

Amarelo nace en outubro de 2022 como distribuidora de espectáculos de danza e teatro. A partir de finais do 2023, na súa liña de apoio a artistas emerxentes, inicia o camiño da produción de espectáculos de danza para espazos non convencionais e público familiar. Co foco na danza e as novas linguaxes, en Amarelo traballamos para facer chegar ao público espectáculos frescos, atractivos e de calidade.


Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.​ A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía.

  • Idea orixinal: Lilian Portela
  • Dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
  • Interpretación: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco
  • Dramaturxia e coreografía: Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco, Raquel Ferradás e Lilian Portela
  • Asesoramento escénico: María Escobar
  • Voz en off: Iria Álvarez Leirós
  • Iluminación: Nacho Martín
  • Música: Bruno Baw e Manuel Fonte
  • Espazo escénico: Eva Antelo
  • Vestiario: Noelia Picadizo
  • Confección de atrezzo: EVD Galicia
  • Colaboran: Media Punta, Concello de Vigo, Concello de Mos
  • Cartel: Lúa Gándara
  • Foto e vídeo: Diego Seixo

FaLang translation system by Faboba