A procura do pallaso cotián é o camiño que emprendeu a compañía para explicar a súa particular observación do mundo a partir de xestos e comportamentos humanos. Fronte á incomunicación e a soidade, como signos dos nosos tempos, apostan por descubrirnos o optimismo e o humor escondidos na rutina do aburrimento. DIS_ORDER (2021), OPEN DOOR (2016), POSTAL EXPRESS (2011) en rúa. E en sala N'IMPORTE QUOI (2021 -Leandre Clown), ESCARGOTS (2018 -Slow Olou), PAJARU (2012), OUT! (2008), TAL COMO SON (2005) ... e seguindo facendo humor serio.
Aparece unha porta da nada… que gran oportunidade para abrila!, e saber que hai alén. Pero resulta que do outro lado tamén estamos nós, a nosa vida de cada día,… e tamén un personaxe excéntrico, curioso, surrealista e en momentos enxeñoso… que trae a porta e déixaa aquí e alá coa necesidade de transportala divertíndose. Coa simplicidade da porta, transportaranos a lugares onde o imaxinario entra e sae. Pasen a través da porta para poder vivir de maneira diferente a rúa de cada día e facer o cotián… sorpendente.