Yllana naceu en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que ao longo da súa traxectoria diversificou a súa actividade, ofrecendo distintas propostas no mundo das artes escénicas e do audiovisual. Levan producidas máis de 20 montaxes, percorreron máis de 30 países e realizaron máis de 2000 representacións con preto de millón e medio de espectadores.
A súa aposta céntrase no humor sen palabras e caracterízase pola profesionalidade e complicidade en todos os seus espectáculos. Yllana está moi consolidada no sector teatral, e recibiu infinidade de premios e recoñecementos.
Passport é a historia de catro cómicos de xira por un país que se chama Komedistan. Os problemas na aduana para entrar no país, o conflito co idioma nun restaurante, hospedarse nun hotel desastroso e o antes e despois dunha función resumen a experiencia de traballar no estranxeiro.
PASSPORT é unha homenaxe ás compañías de teatro e ás súas divertidas aventuras polo mundo. Con sketches doutros espectáculos e novos tamén, en PASSPORT, catro cómicos lévannos a unha delirante viaxe polos cinco continentes, ademais de retratar de forma disparatada as mil e unha anécdotas nas súas odiseas en aeroportos, estacións de tren, furgonetas... Comicidade vertixinosa sen palabras para tódos os públicos.