A Compañía
Gabriela Muñoz ten experiencia en teatro, circo e ópera. Inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo.
Foi galardoada co Premio á Mellor Actuación e Mellor Espectáculo no Festival Fringe de Nueva Zelanda. Recibíu a medalla ao Mérito Internacional por Promoción Cultural por parte do Congreso da CDMX.
Nominada aos Premios Ciudad de México na categoría Actividade Escénica.
Colaborou con artistas como a directora de orquestra, Alondra de la Parra, a compositora, cantante e actriz, Natalia Lafourcade e o fotógrafo, Joel Peter Witkin.
Sinopse
"Perhaps, Perhaps... Quizás", é un espectáculo de clown que xoga coa idea da espera, da ilusión por atopar ao home “perfecto” e da soidade a que isto nos leva cando un mesmo é tan imperfecto.
Nunha época na que a presión do tempo e a falta de esperanza nun mesmo son tan inminentes, a nosa protagonista, Greta, ensaia unha vez á semana o gran día, o día da voda. ¿Terá sorte esta noite? Quizais, quizais, quizais...