A erregueté | Revista Galega de Teatro é unha publicación especializada en artes escénicas con catro décadas de traxectoria. Dende os seus comezos, un dos seus obxectivos foi a promoción e difusión da dramaturxia contemporánea, incluíndo textos teatrais dentro das súas páxinas. No ano 2021, pasou a publicar os textos teatrais en formato libro.
Presentación do libro editado pola erregueté | Revista Galega de Teatro coas pezas 'Pyka', de Cinema Sticado e Julio Fer, que inclúe tamén as partituras de Brais González e 'Amantis', de Tamara Canosa e Xacio Baño.