Queixa (Roma ou Morte)
-
Sábado, 04 Xullo, 19:30Sala Exposicións Auditorio Municipal
-
Compañía
Brigitte Vasallo -
Procedencia
Catalunya - Galiza -
Público
Público Adulto -
Presentación
2023 -
Duración
90'
Brigitte Vasallo (Barcelona, 1973) é filla dunha familia labrega de Chandreixa de Queixa emigrada a Francia e, despois, a Catalunya. Escritora, investigadora e docente, traballa sobre os procesos de alteridade e a memoria destrucción da vida rural no sur de Europa. Foi becaria da Academia de España en Roma e profesora invitada na Universidade de Nova York (CUNY) entre outras. Reivindica a identidade txarnega, publicou os textos en galego Tornarse existencia exuberante (en Brasil, en Chao da feira), Ler a Butler dende Chandrexa de Queixa (na edición colectiva O cento voando) e Galicia é un lugar extraordinario (no colectivo Galiza e o decolonialismo). Como dramaturga presentou Naxos, drama en tres lamentos e un par de actos, dirixida por Gena Baamonde, e Un cos (possible) i lesbià, codirixida por Alba Corral. Comisariou o I Festival de Cultura Txarnega de Barcelona. La fosa abierta (Anagrama 2026), e o seu último libro.
Queixa [Roma ou Morte] é unha pesquisa sobre a mutación, unha conferencia escénica sobre as memorias sen monumento, unha narración posible sobre o desmantelamento do campo precapitalista o devenir das descendentes daquela diáspora, co epicentro en Chandrexa de Queixa e espellos en outros territorios labregos do sur de Europa. Queixa [Roma ou Morte] busca unha lenguaxe que aúne dous mundos: a tradición oral da que son filla, mal chamada analfabetismo, e a literatura da que vivo. Queixa [Roma ou Morte] é un artefacto de literatura pra non lectoras, unha literatura do corpo, da voz, das imaxes.
- Dirección: Gena Baamonde
- Creación, dramaturxia, textualidade e interpretación: Brigitte Vasallo
- Creada co apoio das Residencias Paraíso do Colectivo RPM e coa bolsa da Academia de España en Roma 2024


