Rogelio III (La Fête)

Sábado, 29 Xuño 2024 20:30 | Domingo, 30 Xuño 2024 20:30
Xardíns do Señal | Adro de Darbo
  • Compañía: Assircópatas · Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Natalia Outeiro (Pajarito)
  • Autoría: Dani Blanco
  • Destinado a: Familiar
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2024
  • Duración: 55'

A Compañía

Assircópatas compañía de circo, clown e teatro xestual de Cangas do Morrazo foi fundada en 2003. Baixo este nome traballa Dani Blanco, agora en solitario. Con 8 espectáculos de circo as súas costas entre outros. Polo medio tamén se incursionou no teatro improvisado e na narración oral. Cos seus espectáculos participou en festivais por todo o mundo: Holanda, Palestina, Colombia, etc. Os espectáculos de Assircópatas sempre se caracterizaron por mesturar o clown co teatro máis social e reivindicativo. Poñendo en escena a traxicomedia da vida.

Sinopse

Este espectáculo pecha a triloxía da soidade. Rogelio está de aniversario. Pero está el só. Está todo listo: agasallos, karaoke, só faltan os seus amigos. Hai que esperar. Na vida hai que saber esperar. Agora non están porque non viñeron, pero cando veñan xa van estar. Pero tamén podemos divertirnos mentres esperamos. A traxicomedia da vida. Un espectáculo de clown, no que fartaremos a rir mesturado co mellor circo.

Ficha artística

  • Dirección: Natalia Outeiro "Pajarito"
  • Actor: Dani BLanco
  • Escenografía: Dani Keller
  • Vestiario: María Dobronich
  • Voz en off: Antón Coucheiro

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.