Mark Torrecillas (bailarín, aerealista e docente) e Maria Move (bailarina, músico e osteópata), desenvolven a súa actividade común no campo da danza e as artes escénicas. Ambos son integrantes da "Cía. SU.MA Circodanza" e traballan en proxectos de docencia e acompañamento a través da música e o movemento.
O Body Weather bríndanos a oportunidade de conectar con diferentes aspectos da nosa estrutura e natureza corporal: os ósos, os músculos, os nervos... a través dunha práctica amable donde o corpo móvese xunto á mente e ás sensacións. Invítanos a entrar no movemento sen xuízos, a recoñecer o corpo na simplicidade da acción. Trátase dunha práctica de movemento a partires de imaxes e percepcións.
Neste obradoiro traballaremos a escoita individual, a sensibilidade e os espazos interiores e exteriores do noso corpo; o sentir rítmico e coordinado do mesmo, e o coidado co exercicios de estiramento e relaxación. Organizando e debuxando dende a propia experiencia, o espazo no que movernos e bailar.