Furia Sotelo é a transformación de Licenciada Sotelo dentro de lóxica mutación vital e artística. Licenciada Sotelo aparece en 2010 como contedor dos traballos promovidos por Nuria Sotelo; nunha procura dunha linguaxe escénica ecléctica, multidisciplinar, dirixido a todo o organismo do espectador. Co corpo e o movemento como centro e enriquecéndose de distintas disciplinas e colaboracións con artistas do ámbito da danza, música, artes visuais e do pensamento.
Un só de danza sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. Como se empeza? Como se empeza despois de dicir que quizais chegou o momento de calarnos?. Empézase polo lugar. Se o lugar é camiñable, favorécese o tránsito, chegará un momento no que o camiñante deambule, se detéña, se despiste e con sorte se extravíe e chegue onde non previra. Este traballo é parte dun percorrido profesional compartido que comeza en 2009 e inclúe traballos de dirección de Ana para a compañía de Nuria, Furia Sotelo, e traballos de Nuria como intérprete para a compañía de Ana, Matarile, así como colaboracións compartindo escena para o Festival de Poesía Respira e para o Festival Escenas do Cambio.