Sueños Encantados
-
Mércores, 02 Xullo, 20:00
-
Compañía
Fundación Tchyminigagua -
Procedencia
Bogota -
Dirección
Venus Albeiro Silva -
Autoría
Venus Albeiro Silva -
Público
Familiar -
Presentación
2020 -
Duración
50'
Fundada en 1985 en Bogotá (Colombia), a Fundación Teatral Tchyminigagua persegue "traballo, coñecemento e identidade", elaborando unha linguaxe teatral "para vivir e compartir unha misión cultural, social e política". Un equipo humano estable formado no seo do grupo encárgase de producir as súas creacións, integrando profesionais da escritura, a dirección, a interpretación, as acrobacias, a danza ou a música que fortalecen a técnica teatral Tchyminigagua: "Forza, ritmo e enerxía, unha linguaxe acrobática, teatral e circense propia". A súa labor artística e o seu traballo pola memoria dende o compromiso político fíxolles gañar o recoñecemento internacional, celebrando a súa dramaturxia, música, colorido ou maquillaxes e a súa invención, patentada a nivel mundial, dos zancos en patíns. Cultura popular de trasformación social.
Espectáculo emblemático do teatro colombiano, con técnica acrobática e circense. Estreado en 1990, alcanzou as 3500 funcións desde entón, e segue con vixencia plena en festivais, eventos artísticos e culturais a nivel mundial. Enerxía, colorido, zancos e zancos sobre patíns, música, coreografías... Esta obra de Tchyminigagua tráenos imaxes de festa e entroido, a través dunha nena que nos fai soñar con encantamentos fantásticos de alegría, paz e vida.
- Elenco: Venus Silva, César Grande, Mardelay Silva, Luís Yepes, Carlos Yepes, Javier García, Estiven Páez, Stiven Hincapié, Darwin Valencia
- Dirección: Venus Silva y César Grande