A ETC nace en 2008 co obxectivo de facilitar o coñecemento da práctica teatral e mostrarlle ó público o resultado dese traballo coa posta en escena de obras interpretadas polo alumnado, da man da equipa de Teatro de Ningures.
Un actor e tres actrices interpretan tres pezas teatrais, moi diferentes, na que as transicións tamén forman parte da estrutura do espectáculo, nun xogo que se mostrará, co obxectivo de divertir mediante a posta en escena do aprendido polos alumnos na ETC.