Skip to main content

X Torneo de Dramaturxia de Galicia

Estrea absoluta
Torneo
  • Martes, 30 Xuño, 22:00
    O Adro Taberna Cultural
  • Compañía

    Dramaturga, MITCFC
  • Procedencia

    Galiza
  • Dirección

    Esther Carrodeguas
  • Público

    Adulto

O Torneo cumpre 10 anos, e tiñamos que celebralo!

Van alá nove anos promovendo a dramaturxia en lingua galega cun espectáculo fresco e participativo, e pensamos que para esta décima edición, sería perfecto parar un pouco, desacelerar, e celebrar todo o vivido.

Así, este X Torneo será unha festa da dramaturxia á que están convidadas todas as participantes da historia do Torneo, e por suposto... todo o público que nos queira acompañar. O formato será o habitual, co noso ring e coa nosa Mestra de Cerimonias, que presentará un furioso combate no que catro recoñecidas dramaturgas e dramaturgos de Galicia se baterán na procura do voto do público, pero neste caso recuperaremos algúns dos textos ganadores en edicións anteriores ata que quede só unha persoa ganadora, aquela que xogue mellor coas nosas armas: retruques da palabra, ideas, ritmos, conflitos, sorpresas, accións, silencios. Os actores, as actrices, e mesmo os directores e directoras, serán tamén dramaturgos e dramaturgas que xa pasaron polo torneo. Unha auténtica Festa da Dramaturxia para non perder!

Os torneos de dramaturxia son unha idea orixinal de Jordi Casanovas desenvolvida conxuntamente co Festival Internacional Temporada Alta de Girona.


FaLang translation system by Faboba