Entradas
VENDA DE LOCALIDADES
www.mostrateatrocangas.gal (Sen gastos de xestión para o público).
Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos nin comisións), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio.
VENDA DE ABONOS
Mercar abono
Do 10 ao 31 de maio.
PREZO DO ABONO: 80€.
Están incluidos no abono os seguintes espectáculos:
- 22 de xuño. LA REINA BRAVA de LAS NIÑAS DE CÁDIZ.
- 24 de xuño. IX TORNEO GALEGO DE DRAMATURXIA.
- 26 de xuño. ÓSMOSE de MERCEDES PEÓN.
- 27 de xuño. TODOS LOS ÁNGELES ALZARON EL VUELO de LA ZARANDA.
- 28 de xuño. BARBADOS EN 2022 de TEATRO KAMIKAZE.
- 29 de xuño. LUBBERT de INDA PEREDA.
- 03 de xullo. A BELEZA FARANOS LIBRES de ANÓMICO TEATRO.
- 04 de xullo. AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN de CHÉVERE PRODUCIÓNS SL.
- 05 de xullo. JULIO CÉSAR de CÍA. DO CHAPITÔ.
- 06 de xullo. AS GARDIÁS de TEATRO DE NINGURES.
A adquisición do abono conta coas seguintes vantaxes:
- Entradas para 10 espectáculos programados na Sala – Teatro do Auditorio.
- Desconto de 15€ sobre o importe da suma das 10 entradas.
- A adquisición do abono garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os
- espectáculos incluídos no abono.
- Permite elixir as butacas mellor situadas. A persoa beneficiaria do abono disporá da mesma butaca durante toda a MITCFC (Agás o día 24 de xuño, Torneo de Dramaturxia).
*Non están incluídos no abono os demais espectáculos programados.
VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS
Do 3 de xuño ata o inicio do espectáculo (Sen gastos de xestión para o público).
VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO AUDITORIO
2 horas antes do comezo da función.
Aviso: Póñense á venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.
PREZOS DAS ENTRADAS
Prezo dos espectáculos programados na SALA – TEATRO DO AUDITORIO: 10€.
Agás os espectáculos:
- 24 de xullo. VIII TORNEO GALEGO DE DRAMATURXIA.(5€).
- 30 de xullo. ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS .(5€).
Prezo dos espectáculos programados na SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO: 5€.
- 26 de xuño. VENTO METAL de TRIFÁSICO TEATRO.
- 27 de xuño. O ÚLTIMO HOME de MANOLO CORTÉS.
- 28 de xuño. DESDE CACHORRO de SABATINO CACHO PALMA.
- 04 de xullo. O ESPÍRITU DE VANIA de MACHI SALGADO.
Prezo dos espectáculos programados na CAPELA DO HOSPITAL: 5€
- 25 de xuño. MELÓN PELADO de BUTACA ZERO
Prezo dos espectáculos programados na rúa e outros espazos alternativos: 1€.
As entradas se porán a venda no propio espazo no momento previo ao comezo de cada espectáculo.
Espazo adherido ao Carné Xove (30% de desconto, agás a venda de abonos).
A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS SEGUINTES CONDICIÓNS:
- A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto das persoas que presenten unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
- Non se admiten cambios ou devolucións.
- Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
- Resérvase o dereito de admisión.
- Quedan reservados os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo as persoas do público introducir cámaras fotográficas, vídeo ou gravadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización da organización.
- Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.
- O público da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOS de xestión pola compra anticipada de localidades.