Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

  • MITCFC
  • Novas
  • Lino Braxe, quedas na nosa memoria, no corazón

Lino Braxe, quedas na nosa memoria, no corazón

Recibimos a peor nova posible para rematar este triste 2020. A escena, a literatura, as ondas da radio, a cultura galega, en definitiva, este país, ven de perder unha das súas voces máis afinadas, a de Lino Braxe (Mugardos, 1962- A Coruña, 2020).
Director, actor, locutor, autor, activista cultural e, sobre todo, poeta.
Poeta, como el quixera ser recordado e como, sen dúbida, acontecerá. A súa obra poética é a mellor testemuña de que o seu desexo respondía a unha realidade creativa indiscutible.
Así o lembrará esta Mostra que, tamén, foi a súa casa, como un poeta, aquel que escribíu estes emocionados versos:

A HORA SAGRADA
A Marisa Soto

Ama, goza, ri.
Lémbrate do viño.
E ao chegar a noite,
pecha os ollos
a un soño feliz.

Lino Braxe

Lino Braxe, quedas na nosa memoria, no corazón.