Un alegato sobre a vida 'Na butaca'
'Na butaca [Fantasía Nº3 en dor maior]' é un espectáculo diferente. Partindo da idea do vivir no presente dunha personaxe esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro-, a obra, da compañía ButacaZero, achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. Da man dela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.
A artista Pepa Barreiro, fai un alegato –poético- a favor da vida vivida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?