Música, maxia e divertimento con 'Carillón'
'Carilló' é un espectáculo da compañía de espectáculos La Tal. Un espectáculo de música, maxia e, sobre todo, divertimento. Ding, dong, ding, dong... Soa a música do carillón, as engrenaxes comézanse mover... Tic-tac, tic-tac... É a hora! Cabaleiros e pallasos enchen o escenario, onde se mesturan pelexas e paixón. A maxia sae de dentro dun reloxo xigante inundando a vila de Cangas, mentres esperta a curiosidade do paseante.
Ao longo dos máis de 30 anos de vida da compañía, La Tal creou espectáculos de sala e rúa que a leva a percorrer multitude de festivais e programacións por todo o mundo. A súa concepción teatral, a súa percepción visual e a súa técnica interpretativa foron evolucionando desde a figura clásica do pallaso circense ata a creación dun universo propio no que as imáxes e as historias, co soporte puntual da palabra, confiren aos seus espectáculos unha personalidade única.