Coloquios co público
Na Mostra de Teatro Cómico e Festivo tamén queremos adicarlle un tempo á reflexión. Por ese motivo, nestes días tiveron lugar dous 'Coloquios entre público e escena', organizados pola Erregueté. Ambos se celebraron na Taberna O Rincón de Cangas. O primeiro deles, o sábado pola mañá, estivo centrada na obra Divinas Palabras Revolution do Centro Dramático Galego, espectáculo que abriu a XXXV Mostra no Auditorioi de Cangas.
O luns pola tarde, celebrouse o segundo dos coloquios. Desta volta, foron os actores, actrices e o director de 'A Leituga' quenes se atoparon co público. Para falar da obra estiveron Víctor Duplá (director) e os actores Xosé Durán Morris, Xosé Barato e Mercedes Castro.