'Caída libre' gaña o Torneo de Dramaturxia
A Sala Salasón de Cangas foi acolleu o martes pola noite a segunda edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. Na edición deste ano, participaron catro dramaturgos. Cada unha das pezas de todos eles foi interpretada por dous actores diferentes. Ata o último momento, nin os actores sabían o texto que lles ía tocar dramatizar, nin os escritores sabían quenes interpretarían o seu escrito.