'Rojo', o grande espectáculo de Mireia Miracle
A compañía de Mireia Miracle pesentou nas rúas de Cangas o seu espectáculo 'Rojo', baseada na historia dun dun clown. Unha viaxe cara os límites, o que nos impón e o que nós mesmos nos xeramos. ROJO é un diálogo cun muro, unha danza cos confíns, un soño que está máis alá, é algo que deixar atrás para poder avanzar. Un espectáculo de teatro xestual, clown para todos os públicos.
'Rojo' congregou a un público completamente entregados no Parque da Palma. Cativos e maiores gozaron dun espectáculo cheo de vistosidade, ritmo e de gran profesionalidade. Mireia Miracle está formada en teatro xestual (pedagoxía Jacques Lecoq) e en danza contemporánea. En 2010 funda a compañia Semilla Teatro.