Somos nómadas
A compañía Xarope Tulú presentou o seu espectáculo 'Nómades', cos actores María Roja, Atenea García e Diego Martínez enriba do escenario. Unha obra infantil e xuvenil que tivo un público moi entregado. Xarope Tulú é unha compañía comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude, que convida a viaxar por mundos de texturas e cores singulares. Fundada no ano 2015 pola actriz Atenea García e o músico Nicolás Zamorano. As súas propostas tentan achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación actoral e a narración oral entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo; facicilitando o descubrimento doutros mundos posibles e a creación dun espazo para a reflexión.
Nómades é un espectáculo adicado onde o movemento, a música e a palabra nos invitan a viaxar por paisaxes singulares. Somos nómadas, transitamos sen morada nin corpo fixo.