Xa está aberta a inscrición para asistir á exposición e homenaxe a Xosé Manuel Pazos
A 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) arranca oficialmente o xoves 1 de xullo coa inauguración da exposición documental e a homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela, quen fora alcalde de Cangas até a súa morte, en xaneiro deste ano. Aínda que a entrada é libre e de balde até completar aforo, os protocolos de seguridade por mor da Covid-19 esixen un rexistro individual. As persoas que queiran asistir deberán inscribirse na seguinte ligazón ou a través deste código QR.
Pazos Varela, o ‘alcalde do Teatro’, xunto a un pequeno grupo de persoas, ideou a Mostra de Cangas hai agora 38 anos. Por iso, a organización “queremos facer un recoñecemento á súa persoa e ao seu labor, a través dunha sinxela homenaxe” composta por unha exposición documental e un acto lúdico no que estarán presentes “as artes que tanto amou, teatro, danza, poesía, música... e a súa xente”.
As actrices Pepa Barreiro e Sonia Rúa serán as encargadas de presentar o acto, no que participarán:
- Anxo Graña, músico.
- Aurora Prieto, concelleira de cultura.
- Blanca Francés, cantora.
- Cándido Pazó, autor, director e contador de historias.
- Carme Penim, cantante.
- Diego Seixo, comisariado exposición.
- Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, titiriteiro e cantor.
- Etelvino Vázquez, director e actor.
- Felipe Lubián, alcalde de Lubián.
- Héctor Pazos, músico.
- Henrique Harguindey, profesor e tradutor.
- Manuel F. Vieites, investigador.
- María Armesto, dramaturga.
- María Barcala, actriz.
- Paco Alfaro, músico.
- Pepa Barreiro, actriz.
- Salvador del Río na iluminación.
- Silda Alfaro, actriz.
- Sonia Rúa, actriz e vestuarista.
- Uxía, cantante.
- Xico de Cariño, músico.
- Xulio Lago, director e actor.
- A.C. Lembranzas da Ría, baile tradicional.
- A.C. Peis d`hos.
- Banda de gaitas Tromentelo.
- Escola de Teatro de Cangas (Grupo: Posta en escena).
A comisión organizadora do acto está integrada por Che Mariño, presidenta de Xiria; Antón Pazos, Antón Lamapereira e Silda Alfaro, Pepa Barreiro e Sonia Rúa.
A organización quere enviar o seu agradecemento a María Xosé González Domínguez, viúva de Xosé Manuel Pazos Varela, “pola súa colaboración e o empréstito de obra e material documental do autor”.