Información sobre os obradoiros 'Sombras chinesas' e 'Tempo de creación'
A 40 edición da Mostra inclúe dous obradoiros relacionados coas artes escénicas no seu conxunto. O primeiro deles, ‘Sombras chinesas’, impartido por Tanxarina Teatro, estará centrado na construción e manipulación de sombras chinesas e está dirixido a todos os públicos. O segundo, ‘Tempos de creación’, é un obradoiro impartido a tres mans polas compañías Cambaleo Teatro de Madrid, Teatro del Norte de Asturias e Atalaya de Andalucía. Trátase dunha actividade dirixida a artistas, actrices, actores, directoras/es ou calquera persoa con relación coas artes escénicas.
A continuación, explicamos os prazos, contidos, prazos de incrición e outra información de interese destes obradoiros.
1. OBRADOIRO: SOMBRAS CHINESAS
Imparte: Tanxarina: Compañía de títeres galega, con 40 anos de traxectoria artística. Combinamos a manipulación de monecos con traballo actoral, música, obradoiros e animacións diversas. Sempre xogando, sempre divertindo.
Lugar: Sala de exposicións do Auditorio Municipal
Datas: do 4 ao 8 de xullo, de 10:30 a 14:30 horas
Formulario de inscrición (dispoñible só durante o prazo de matrícula)
Prazo de matrícula: desde o venres, 9 de xuño, ás 00:00 horas, até o luns 19 de xuño, ás 14:00 horas
Aberto para todos os públicos
Prezo matrícula: 70€
Número de prazas: 15 persoas
A admisión será por orde de inscrición. Para facer efectiva a matrícula, unha vez realizada a inscrición dispón de 48 horas para facer o ingreso na conta da Asociación Cultural Xiria, poñendo no concepto o nome do curso, no seguinte número de conta:
ES39 2080 5208 1330 4000 2542
Información do obradoiro:
Este obradoiro de construción e manipulación de sombras chinesas consta de tres partes fundamentais:
A CREATIVA, onde as alumnas e alumnos crean un guión para ser representado.
A MANUAL, na que se constrúe o material necesario para a realización do guión.
A de EXHIBICIÓN, momento no que se representan os traballos seleccionados.
O interese do teatro de sombras chinesas na dramaturxia actual é evidente. Neste taller, o alumnado deseña, confecciona, recorta, adapta, manipula e escenifica unha historia. Historia que comporta: fixación de personaxes, caracterización coa voz e o movemento, creación dun guión, distribución en escenas, elementos decorativos, habilidade manual, música ... Así, o alumnado adquire e desenvolve a capacidade dramática, literaria, musical, imaxinativa, sentido crítico e estético, aprendizaxe da lingua, léxico, narración, recitación e expresividade. O noso labor é orientar o traballo do obradoiro de sombras para tirar proveito de todas as posibilidades que ofrece.
2. OBRADOIRO TEMPO DE CREACIÓN
Cambaleo Teatro de Madrid, Teatro del Norte de Asturias e Atalaya de Andalucía, tres compañías míticas que, nas últimas décadas, contribuíron dun xeito extraordinario á configuración do mellor teatro contemporáneo español, son as protagonistas deste excepcional obradoiro, neste particular tempo de creación.
Datas: Do 28 de xuño ao 1 de xullo
Lugar: Sala de Exposicións do Auditorio Municipal
O obradoiro consta de tres partes:
-O actor e o tempo no espazo
Mércores 28 de xuño, de 10:30 a 14:30 horas.
Mostra de traballo: Sábado 1 de xullo, de 10:30 a 12:30 horas
Imparte: Antonio Sarrió, de Cambaleo Teatro
-Do texto ao espectáculo: O actor creativo
Xoves, 29 de xuño, de 10:30 a 13:30 horas.
Mostra de traballo: Sábado 1 de xullo, de 11:30 a 12:30 horas
Imparte: Etelvino Vázquez, de Teatro del Norte
-O actor creativo e eficaz
Venres, 30 de xuño, de 11:00 a 14:00 horas
Imparte: Silvia Garzón, de Atalaya Teatro
Formulario de inscrición (dispoñible só durante o prazo de matrícula)
https://forms.gle/S2C1sgDJFMrvuQzk8
Prazo de matrícula: Do venres 9 de xuño, ás 00:00 horas, até o luns 19 de xuño, ás 14 horas.
Dirixido a artistas, actrices, actores, directoras/es ou calquera persoa con relación coas artes escénicas.
Prezo matrícula: 80€
Número de prazas: 15 persoas
A admisión será por orde de inscrición.
Para facer efectiva a matrícula, unha vez realizada a inscrición dispón de 48 horas para facer o ingreso na conta da Asociación Cultural Xiria, poñendo no concepto o nome do curso, no seguinte número de conta: ES39 2080 5208 1330 4000 2542
Información e contido do curso:
O ACTOR E O TEMPO NO ESPAZO- Mércores 28 de xuño e sábado 1 de xullo
Cambaleo Teatro, creada en 1982, basea a súa aposta artística e creación escénica na contemporaneidade, nas grandes ideas das vangardas teatrais do século XX e nos avances da ciencia. O método científico como xeito de estar e interpelar o mundo que nos rodea. Unha bagaxe coa que acadou unha linguaxe propia dende a que mirar e interpretar a realidade. Participou en diversos festivais e os seus espectáculos viaxaron a Francia, Portugal, Alemaña, Polonia, Venezuela, Bolivia, Nicaragua e México.
Antonio Sarrió. Actor, director, autor, produtor, pedagogo e xestor teatral. Membro de Cambaleo dende 1982. Actor en máis de 45 espectáculos da compañía e de Micomicón, Teatro de Malta, Al Suroeste Producciones, Producciones Ñ, Karlik Danza Teatro, La Bicicleta e Blumenart (Polonia). Xestor durante 26 anos da sala “La Nave” de Cambaleo. Coordinou todos os proxectos pedagóxicos da compañía e é pedagogo nos “Encuentros Internacionales de Teatro en el Norte”.
PARTE I. Técnica: Construción do personaxe: Estrutura física. Xeito de moverse e movemento cotiá. Partituras de movemento. Control do espazo. Traballo vocal. O texto.
Integrar o texto na estrutura física.
PARTE II. Práctica: Elaboración de pequenas escenas propostas polo docente, polo alumnado e derivadas do traballo técnico realizado.
DO TEXTO AO ESPECTÁCULO: O ACTOR CREATIVO. Xoves 29 de xuño e sábado 1 de xullo
Teatro del Norte creouse en 1985 como un lugar de encontro, investigación e de busca arredor do feito teatral. Un espazo de experimentación, reflexión e confrontación con outras formas artísticas e aprendizaxe da práctica escénica.
Etelvino Vázquez. Director, actor e pedagogo. O seus espectáculos representáronse en España, Portugal, Holanda, Francia, Italia, Montenegro, Rumanía, Moldavia, Exipto, USA, Brasil, Arxentina, Uruguai, El Salvador e México. Recibiu diversos premios tanto pola súa traxectoria como pola dirección dos seus espectáculos.
Traballarase con “Bodas de Sangre” de Lorca, e o último día, as actrices e os actores van presentar un pequeno espectáculo, creado a partir do traballo feito co texto de Lorca.
O ACTOR CREATIVO E EFICAZ - Venres, 30 xuño.
Atalaya, creada en 1983, é unha das compañías máis prestixiosa e referente do teatro de investigación. O seu común denominador é o teatro poético, no que a enerxía, o poder da imaxe, a voz -a través do canto ou da palabra-, as atmosferas que xeran un nivel de emoción no público, independentemente da procedencia cultural, estrato social ou idade. Atalaya, representou os seus espectáculos no Santuario de Apolo en Delfos, nos teatros de Melbourne, Londres, Laponia, Saraxevo, O Cairo ou Pequín. Premio Nacional de Teatro 2008.
Silvia Garzón. Actriz da compañía dende hai 20 anos. É parte do equipo pedagóxico do Laboratorio TNT dende 2009. Coordinadora do programa de Teatro en El Vacie, con mulleres, nenas, nenos e adolescentes do poboado de chabolas. Actualmente xira con diversos espectáculos de Atalaya. Premiada pola súa interpretación en “Elektra.25” e “El Avaro de Molière”.
Descrición:
Gustaríache aprender a ser unha actriz ou actor creativo e á vez eficaz no teu traballo? Dende a idea inicial do personaxe ou do texto ata a posta en escena, hai certos pasos que se poden experimentar de maneira creativa e ao mesmo tempo, organizada. Neste obradoiro pasaremos pola creación de partituras de accións, busca de enerxía e ritmo, esquema do personaxe e voz, manexo do espazo e recursos da linguaxe corporal do personaxe.