'¿Qué es el agua?' marabilla en Cangas
A Compañía 'La Soledad' foi creada en Bogotá en 2013 por Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi para desenvolver proxectos teatrais e de performance en espazos non convencionais. '¿Qué es el agua?' é a primeira obra dunha tetraloxía que a compañía ten previsto facer sobre os catro elementos. A proposta presentada en Cangas, na contorna da antiga fábrica de Massó, lagoa da Congorza e praia de Area Milla foi unha creación site-specific na que houbo moitas sorpresas. Neste proxecto, Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi traballan cunha bailarina franco-mexicana, unha cineasta mexicana e una produtora española, todas elas vinculadas xeográfica e sentimentalmente co mar.
Estas son algunhas fotografías da representación: