A gran actuación de 'El Avaro' na Mostra
“El Avaro” é unha das obras mestras de Molière e un dos seus últimos textos. Este vello vive agoirado por un medo obsesivo: que lle rouben o baúl onde oculta o seu tesouro. A obra, da compañía Atalaya, amosa o lado máis mesquiño e egoísta do ser humano, onde se levan ao extremo os problemas xerados polo diñeiro e o poder, o que resulta, lamentablemente, de notable actualidade. Ao tempo percíbese o maltrato que Harpagón propina aos seus empregados e o seu exacerbado sexismo. A representación que conta entre o elenco de actores e actrices con Carmen Gallardo e Silvia Garzón, puxo ao público en pé.
Algunas imaxes da actuación do venres 30 de xuño en Cangas: