'Tolo', unha obra galego-turca en Cangas
'Tolo' é unha coprodución da compañía Cinema Sticado e Tíyatro Eksen co Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe (Estambul). O colectivo galego está formado por Xosel Díez (artista audiovisual e enxeñeiro) e Helena Varela (actriz, distribuidora e produtora). En 2015, emprenden un camiño de investigación arredor das artes visuais e teatrais. A obra contra a historia dun funcionario de última fila do goberno ucraniano, Aksenti Ivanovich Poprishchin, que vive o seu día a día entre a rutina do seu insignificante traballo e os seu desexos de querer máis, ata rematar crendo ser o Rei de España.
Imaxes da representación de 'Tolo' no Auditorio de Cangas.