'Á Mesa', da Escola de Teatro de Cangas
A Escola de Teatro de Cangas presentou onte a obra 'Á Mesa', dirixida por Sonia Rúa. Sete personaxes son convocados arredor dunha mesa, non saben o porqué nin para que, van amosando as súas faces, os seus desexos e contradicións, ata que reciben ordes dos autores. A autoría desta obra corresponde ao colectivo GOD Flavia Antonia, integrado por Clara Gayo, Carlos Santiago e Zé Paredes.
Aquí van algunhas fotografías da representación.