Xornadas con 'Territorio violeta' e Amelia Tiganus

As XXIII Xornadas Mulleres en Acción tamén puxeron onte o seu punto e final cunhas conferencias no Salón de Plenos do Concello de Cangas. A do sábado foi unha tarde para falar de mulleres, cultura e igualdade. Primeiro, co 'Territorio Violeta', un festival multidisciplinar que pretende poñer o foto no percorrido que a sociedade e as artes escénicas deben facer a prol da igualdade. Con Silvia Pereira e Rosa Merás Territorio Violeta.
Posteriormente, conferencia de Amelia Tiganus, presentada por Tamara Canosa, na que a activista, escritora, feminista e formadora en sensibilización e prevención da prostitución da violencia sexual debullou, tirando de experiencia persoal e nun ateigado salón de plenos do Concello de Cangas, o momento actual sobre do consentimento, a cultura da violación e a liberdade sexual das mulleres.
Algunhas fotos da xornada.
 
 
 
 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.