Candela Peña e Pilar Castro representan 'Contracciones'
As actrices Candela Peña e Pilar Castro actuaron o sábado pola noite no Auditorio de Cangas co seu espectáculo 'Contracciones'. A obra, da compañía 'Producciones Come y Calla', explora a invasión crecente das grandes compañías na intimidade dos seus empregados/as. Con hábil precisión móstrase a unha muller nun cargo de poder que entrevista a Emma, da sección de vendas, acerca da súa vida amorosa. A través de Emma amósase como a actitude desafiante diante da inxerencia corporativa da paso, gradualmente, ao cumprimento voluntario por parte das empregadas/os e como estes permiten, cada vez máis, que as empresas se apropien deles en corpo e alma.
Aquí vos deixamos algunhas fotografias da representación: