Apoio á campaña #CULTURACONTRALABARBARIE contra o xenocidio en Palestina
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) súmase á campaña de Pallasos en Rebeldía #CULTURACONTRALABARBARIE para promover a fin da ocupación xenocida e a fin dos bombardeos en Palestina.
Pallasos en Rebeldía é unha asociación cultural e de cooperación internacional que se constituíu hai 20 anos como un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e as artes circenses, no que conflúen artistas de diferentes países. Este colectivo baséase na firme crenza de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras. 'Pallasos en Rebeldía' apoia a loita pola supervivencia dos pobos orixinarios nun mundo globalizado: acompaña ao pobo saharauí no seu retorno a un Sahara libre e independente; defende o fin da ocupación sionista en Palestina subscribindo os principios do BDS; e forma parte do movemento de solidariedade coa revolución zapatista en México e a Zezta Internazional.
Pallasos en Rebeldía recaudou 60.000€ para enviar a Gaza, dos cales 18.000€ conseguíronse grazas á varias accións solidarias, entre as que se encontran as galas solidarias ‘Cultura contra a barbarie’ que xa se celebraron este ano en Santiago de Compostela, Barcelona e A Coruña. Con estas iniciativas, "facemos un chamamento a unirse ao apoio internacional a Gaza e a non deixar de alzar a voz para denunciar as atrocidades que se están cometendo na Franxa de Gaza, onde a escasez de alimentos sumouse brutalmente á violencia que sofre a poboación civil".