Skip to main content

'Las Niñas de Cádiz e a súa 'Reina Brava'

Reportaxe fotográfica da representación en Cangas de 'La Reina Brava', da compañía Las Niñas de Cádiz.

Esta é a historia dun magnicidio. O asasinato dunha raíña á que todos odian pero á que ninguén se atreve a enfrontar cara a cara. Só unha nai, movida pola ansia de vinganza, será capaz de saltarse todas as normas, dando morte sen ningún tipo de misericordia á muller que estragou a vida da súa filla. Logo virán o balbordo, a conmoción, un xuízo vergoñoso no que todos menten, e unha implacable condena ao esquecemento. 

A Raíña Brava é a nova produción de Las Niñas de Cádiz, unha traxedia cómica con tinguiduras shakesperianos e con reminiscencias do vello romanceiro castelán. Unha nova volta de porca aos clásicos, sen perder a nosa esencia.

 

FaLang translation system by Faboba