Skip to main content

A Escola de Teatro de Cangas, a gran protagonista

O luns 30 de xuño, a Escola de Teatro de Cangas foi a gran protagonista da 42 edición da Mostra. Ao longo da tarde, parte do seu alumnado representou tres espectáculos. Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do que foi:

A MOSTRA AXUDA: Ruada. Alumnado Obradoiro Teatro de Rúa da ETC

 O espectáculo foi representado na Alameda Vella. O corpo actoral invitou á veciñanza a formar parte deste pasarrúas e desfrutar o xogo proposto.

RECICLAR PENSAMENTOS: Acción. Alumnado Obradoiro Corpo Creativo da ETC.

Investigación sobre como baleirar as mentes saturadas de ruído. Non podemos deixar o noso lixo mental en calquera parte.

3x4 MASILUNA: Espectáculo. Alumnado Obradoiro Posta en Escena da ETC.

Tres actrices e un actor levan a escena tres pezas curtas para xogar ao xogo do teatro e converterse en personaxes...

FaLang translation system by Faboba