• Inicio
  • A Mostra
  • Actualidade
  • 'Nacidas libres', un exercicio moi esixente de dualidade interpretativa

'Nacidas libres', un exercicio moi esixente de dualidade interpretativa

A inauguración da 34 Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas foi todo un éxito e deu comezo a unha semana de espectáculos escénicos do máis alto nivel. 'Nacidas libres', coprodución entre a Mostra e a compañía Contraproducións, subiu ao escenario do Auditorio de Cangas a catro actrices sometidas a un difícil exercicio: Facer teatro dentro de teatro. Susana Dans, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Rocío González deron vida a catro mulleres maduras, actrices e nada dispostas a renderse ante a evidencia da falta de traballo e de textos para interpretar. Elas mesmas se poñen o reto de interpretar un texto dunha autora que vive no estranxeiro, obrigada a emigrar en busca dun emprego. A acción discorre nun ir e vir permanente entre a realidade das actrices e os ensarios da historia de tres monxas que no seu día protagonizaron un feito real sucedido nun convento de Santiago de Compostela.

'Nacidas libres' é un difícil exercicio interpretativo no que cada unha delas se desdobla para dar vida a máis dunha personaxe. O texto, de Cándido Pazó, que este ano recibirá o premio Xiria á Mellor Labor Teatral dentro da MITCFC, está dirixido por Cristina Domínguez. O equipo demostrou de novo a boa sintonía que existe entre elas, despois do éxito acadado hai uns anos coa obra 'As do peixe'. 

A continuación vos deixamos algunhas das imaxes da estrea absoluta de 'Nacidas libres' na Mostra de Cangas. 

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.