'La Extinta Poética' non deixou a ninguén indiferente
O Auditorio de Cangas vibrou coa obra 'La Extinta Poética', da compañía Nueve de Nueve. O dramaturgo Eusebio Calonge e o director Paco de La Zaranda crearon unha peza que sumerxe ao espectador nun pechado ámbito de pesadelo, onde a única válvula de escape é o humor. As situacións vólvense cómicas na súa propia desesperación, deixando unha reflexión aberta: Ten algún sentido a beleza nesta época de brutalidade e baleiro? Carmen Barrantes, Laura Gómez-Lacueva, Ingrid Magrinyà e Rafael Ponce son os actores da obra.
“La Extinta Poética” móvese entre o grotesco e o tráxico, sen deixar indiferente a ninguén. Barbitúricos, zapping e ximnasio. Personaxes que cambiaron a súa biografía por un abultado historial clínico… e na metade de tanta nada, só unha pregunta: Que fai Ofelia na nosa época? Quen escoita o seu lamento antes de que se sumerxa, definitivamente, na corrente da vulgaridade e o tedio?
Un traballo desgarrador desde a longa e fonda experiencia escénica nas múltiples disciplinas do seu elenco, desde o teatro á danza, do saineteiro ao tráxico, a abolición de formas establecidas para chegar á esencialidade da obra.
Dos estimulantes aos tranquilizantes, da velocidade aos somníferos, das pílulas para a potencia sexual ás anticonceptivas. ¿Qué fai Ofelia na nosa época? Entre a futilidade dos desexos e traxedias mesquiñas dunha familia, na súa cotidianidade crebada, un ser desvalido sinte o impulso grande, vital, esencial, da arte. Un canto de cisne, unhas flores lanzadas ao río, a fraxilidade da beleza ameazada sempre.