• Inicio
  • A Mostra
  • Actualidade
  • Debate sobre o Estatuto do Artista e o Traballador da Cultura

Debate sobre o Estatuto do Artista e o Traballador da Cultura

A 34 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas acolleu o encontro informativo sobre o Estatuto d@s Artistas entre as asociacións profesionais das artes escénicas e audiovisuais de Galicia e Iñaki Guevara, Secretario Xeral da Unión de Actores e Actrices, sindicato estatal promotor do Estatuto. Ao longo de case dúas horas, Iñaki Guevara estivo reunido con representantes da AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), AGA (Academia Galega do Audiovisual), CREA (Asociación de Realizadores e Directores de Galicia), DramaturGa (Asociación de Dramaturxia Galega) e FAETERA (Federación Estatal de Asociacións de Empresas de Teatro e Danza).

O obxectivo desta xuntanza foi aportar información ao debate xenerado en torno ao Estatuto do Artista e o Traballador da Cultura, proxecto defendido desde a Unión de Actores e Actrices coa idea de mellorar as condicións laborais dos artistas que traballan por conta allea, adaptando a lexislación á súa intermitencia laboral.

Desde o Congreso dos Deputados creouse unha Subcomisión para analizar o Estatuto do Artista e o Traballador da Cultura. ‘A subcomisión é un impulso enorme para quenes facemos posible a cultura’, declaró o Secretario Xeral da Unión de Actores e Actrices na súa comparecencia ante o Congreso dos Deputados.

Na xornada celebrada en Cangas os asistentes fixeron especial fincapé nos principais puntos do Estatuto do Artista e o Traballador da Cultura. Entre eses temas estiveron a xubilación, a intermitencia laboral dos traballadores da cultura por conta allea e a representatividade sindical.

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.