'Cariño Malo', teatro queer para producir 'goce marica'
Á fronte da compañía Ministerio de la Belleza, o guionista, artista interdisciplinario e dramaturgo venezolano-peruano Alejandro Clavier, dirixe 'Cariño Malo', unha obra queer que reinventa a música criolla e revive o radioteatro. Este domingo 28 de xuño a compañía peruana estará en Cangas para subirse ao escenario coincidindo coa celebración en todo o mundo do Día do Orgullo. É a primeira vez que están en España e esperan repetir este mesmo ano noutras cidades europeas. Viaxaron desde a costa do Pacífico até Galicia, cruzando a inmensidade do Atlántico, para invitar ao público a rir, cantar e deixarse levar polo xogo melodramático; pero tamén a reflexionar e a encher Cangas de mariconez, mariconidad e mariconitud.
- Crea e dirixe o seu particular Ministerio de la Belleza en 2025 Por que decide poñer en marcha este proxecto e que ten de especial?
Traballo en Teatro La Plaza desde hai 15 anos, e despois de ter vivido fóra do Perú durante un ano, ao meu regreso tiven a necesidade de iniciar unha plataforma para os meus proxectos persoais. O 'Ministerio de La Belleza' é unha casa produtora limeña e queer de Artes Escénicas e, quizais, o máis especial que ten é a súa mariconez, —se é que existe esa palabra— a súa mariconidad, a súa mariconitud, nun momento terrible da humanidade onde se avanza de maneira estrepitosa cara un conservadurismo moi perigoso.
- ‘Cariño Malo’ é a súa opera prima. Que se vai a encontrar o público que a vaia ver?
'Cariño Malo' séntese como a miña opera prima, pero en realidade non o é. Teño varias obras estrenadas da miña autoría e anos de experiencia na xestión cultural, dirixindo o programa de dramaturxia 'Sala de Parto' de Teatro La Plaza, pero algo neste proxecto se sente novo. Creo que é a primeira vez que me sinto totalmente representado por unha obra miña: o ton, o humor, a estética. O público vai encontrarse cunha obra peruana que, ao meu entender, vai ser moi compatible co humor español: creo que a obra ten unha actitude moi directa, á vez vulgar e elegante. Creo que se van sorprender.
- Unha propuesta queer que mistura melodrama e humor. É o teatro unha boa ferramenta para a reflexión e a busca do compromiso social?
O noso traballo como artistas escénicos dialoga con preguntas que atravesan os debates do noso tempo, pero non creo que esta obra teña a reflexión como un dos seus obxectivos. Se é que o fai, paréceme xenial, pero desde un inicio busquei satisfacer unha necesidade miña de conectarme co teatro desde o goce, de deseñar unha obra que sexa unha escusa para producir “goce marica”: a min, a quen a facemos, e a quen a vexa. Penso en Peggy Shaw e Lois Weaver, quen nos 80 's en Nova York crearon o WOW Café, onde o seu interese estaba en xerar espazos de encontro seguro para a comunidade, onde puideran rirse de si mesmas e tocar os temas que lles dera a gana.
- A obra conta a historia de Silvio, un home de 40 anos marcado pola represión familiar e a busca da emancipación sexual e emocional. Cantos Días do Orgullo máis teremos que celebrar para que esta situación deixe de ser “a vida mesma”?
Eu xa me fixen a idea de que isto será así toda a vida. Até que a humanidade invente outros chivos expiatorios.
- Como está a situación dos dereitos LGTBIQ+ en Latinoamérica?
É desigual na rexión. No Perú non hai ningún tipo de marco legal para o recoñecemento de parellas LGTBIQ+ e o Senado está tomado por unha maioría conservadora liderada por Keiko Fujimori, quen tamén é presidenta. As cifras de crimes de odio van en aumento.
- A música é outro dos elementos importantes da obra. Que papel xoga?
A música criolla ten moita influenza española e é, sobre todo para a zona costeira do Perú, un elemento moi querido e de orgullo. Son cancións que formaron parte da nosa vida, películas, recordos. Considero que o máis provocador de 'Cariño Malo' para un público peruano conservador (máis alá das malas palabras, a violencia e as descricións explícitas de sexo incluidas na obra) é escoitar estas cancións no contexto dunha historia queer. Non sei cal podería ser o símil en España, pero no Perú este xesto, o de tomar estes grandes himnos e mariconizalos, resulta algo novidoso e dunha potencia moi especial.
- A montaxe plantea dúas preguntas centrais: Por que nos rimos dun drama e que revela esa risa sobre as nosas feridas e desexos. Existe unha respuesta correcta?
Non existe unha resposta correcta, creo. Pero para min é un pouco quitarlle poder ao trauma. O humor sobre o que doe fai que os procesos se alixeiren. Deixa saír en forma de risa algo desa dor, como unha fuga.
- A representación na Mostra de Cangas supón a estrea absoluta de ‘Cariño Malo’ en España. Gustaríalle continuar a andaina por outras cidades españolas e europeas?
Si, e estamos xa en coordinacións para regresar en novembro.
- A nivel profesional, desde 2013, dirixe a Sala de Parto, o prestixioso programa de nova dramaturxia de Teatro La Plaza, en Lima. Que lle aporta este proxecto?
A oportunidade de ter visto moito teatro grazas aos festivais internacionais que visitei. Isto permitiume ampliar as miñas referenzas e estar ao día co que ocorre no circuíto internacional.
- ‘Cariño Malo’ ten seguro un gran percorrido por diante. Algún outro proxecto no horizonte que nos poida desvelar?
Estou escribindo unha obra de teatro comercial que se estrena o ano que vén en Lima, con cancións de Juan Gabriel, que se chama 'Amor Eterno'.