'Animacreques' polas rúas do Morrazo
Desde onte xoves ata mañá sábado, os veciños e visitantes das vilas morracenses de Bueu, Cangas e Moaña puideron ver en acción o espectáculo de rúa 'Animacreques'. Vane Rivas e Ánxela Blanco empregan a técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza para facer as delicias de pequenos e grandes. Un xogo visual que permite ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes tomadas nestes días: