Sue Moreno é actriz, trapecista e bailarina, formada na escola de danza Carmen Serra e as escolas de circo Carampa e Charivari. Comezou a súa carreira como artista no ano 2000 e non parou de traballar dende entón. Na actualidade é directora da escola de Acrobacias Aéreas que fundou en 2013 na Coruña e traballa coa súa propia compañía e proxectos en coiaboración con outras artistas como pode ser Su.Ma.
Unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta... Canto tempo máis pode ser trapecista? Cambios, premenopausia, transformación, envellecemento... Un espectáculo cheo de amor, humor, música e baile.