Skip to main content

Cariño malo

Estrea en España
  • Domingo, 28 Xuño, 22:00
    Auditorio Municipal
  • Compañía

    Ministerio de la belleza
  • Procedencia

    Lima, Perú
  • Público

    Público Adulto
  • Presentación

    2025
  • Duración

    75'

Fundada en 2025 e dirixida por Alejandro Clavier, Ministerio de La Belleza é unha compañía produtora de artes escénicas en Lima, Perú. Partindo da idea de que "A Beleza é o esplendor da verdade", este Ministerio ofrece escusas á cidadanía para atoparse presencialmente e compartir experiencias atravesadas por preguntas provocadoras, contemporáneas e relevantes sobre a nosa convivencia neste mundo. O nome da compañía é, tamén, unha especie de homenaxe ao Viceministerio da Suprema Felicidade Social de Venezuela, creado en 2013 polo Goberno de Maduro. Pero, á fin de contas e con todo o respecto: Ministerio de la Belleza chámase Ministerio de la Belleza porque si.


“O obsceno” refírese ao que é tan desagradable, impactante ou inmoral que debe manterse fóra (ob) da escena (scena): fóra da vista do público. A historia de Silvio, por varias razóns, estaría dentro desa categoría. Quizais por iso é unha radionovela. Unha sociedade castradora, segredos do pasado e unha maleta chea de cartos son algúns dos ingredientes desta homenaxe ao melodrama iberoamericano. A misteriosa alquimia de grandes clásicos da música crioula peruana reinterpretados desde unha mirada queer desprégase nunha historia sobre a procura da independencia e o desexo.

  • Dramaturgo, director e produtor xeral: Alejandro Clavier
  • Directora adxunta: Claudia Tangoa
  • En escena: Sebastián Stimman, Diego Salinas e Alejandro Clavier
  • Composición musical e produción: Kayfex (Perú)
  • Deseño de escenografía: Magali Acha (Arxentina)
  • Deseño de iluminación: Marvin Calle
  • Deseño de vestiario: Vladimir Sánchez (Chile)
  • Deseño de son: Favio Rojas
  • Deseño de Folleys: Guadalupe Otheguy (Arxentina)
  • Edición audiovisual: Nicole Hurtado
  • Produtora creativa: Lillian White
  • Produción xeral: Ministerio de La Belleza
  • En coprodución con: Teatro La Plaza
  • Colaboración: Iberescena
  • Distribución: Carlota Guivernau


FaLang translation system by Faboba